martes. 23.04.2024
Un total de 508 hectáreas serán reorganizadas no Concello de Vilardevós, en Ourense. | FOTO: Arquivo.
As obras da estrada entre Florderrei e Terroso, en Vilardevós, levan paradas meses.

O Partido dos Socialistas de Galicia en Vilardevós vén de críticar públicamente o estado no que se atopa a estrada que comunica a localidade de Florderrei coa veciña de Terroso. Segundo di o voceiro do PSdeG na corporación, Julio Prada, "dende poucos días despois da convocatoria electoral, suspendéronse as execucións nesa estrada e, dende entón, así están", sinala o socialista. Prada insiste en que a perigosidade que presenta a vía en cuestión é "máis que evidente, na súa marxe esquerda botóuselle pedra que deixou grande parte do firme cuberto sen poder transitar por el. Cando se cruzan dous vehículos, un deles ten que aproximarse tanto á ladeira que calquera día imos ter unha desgraza", advirte Julio Prada.

vilardevós2 As pedras que se botaron nunha das marxes deixou case inutilizada gran parte da vía. 

O rexedor, Manuel Cardoso, pola contra, asegura que non hai motivo excepcional para que as execucións estén paradas, aínda que si confirma que "dado o achado dunha pedra que intuímos que poda ter algún valor arqueolóxico, comunicaráselle á Dirección Xeral de Patrimonio para que visiten a zona e nos confirmen se podemos seguir cos traballos previstos". 

O ramal da OU-1006 que comunica Florderrei con Terroso é o principal acceso a esta localidade do concello de Vilardevós, unha das que aínda máis poboación conserva no seu núcleo. Estaba previsto que se reformase o pavimento en 600 metros desa estrada por un importe duns 57.000 euros. 

O PSdeG de Vilardevós alerta da perigosidade do actual estado da estrada entre...