xoves 17.10.2019
O "Ringo", veciño transportista xubilado do lugar, foi quen de conseguir por de novo ao camión camiño de Eslovaquia

O GPS mete a un camioneiro checo na Devesa (Vilardevós) e sae cinco horas despois cheo de chourizos

Tarde de expectación, vítores e final feliz na aldea da Devesa, en Vilardevós. Un camioneiro checo enviado por error polo seu navegador acaoua atrapado na pista de acceso da localidade. Foi un veciño xubilado con moitos anos de volante no sector, o "Ringo", quen foi capaz de reconducirlle a marcha ao chófer, que saíu da aldea cargado de chourizos, produtos da terra e moita emoción pola hospitalidade dos de Vilardevós.

O tráiler entrou cara a Devesa pola pista que baixa dende o monte da Portela.
O tráiler entrou cara a Devesa pola pista que baixa dende o monte da Portela.

CRÓNICA.- Nas pequenas aldeas do rural é moi raro que ocorran cousas máis alá do habitual. Pasan as horas e os días e só esa tranquilidade se ve, lamentablemente, alterada polo son dunha grapadora nun poste de madeira da eléctrica ou, como está sendo estes días, pola pegada de carteis e algún que outro mitin acompañado de megafonía. Por iso que cando un transportista checo cos mesmos coñecementos de galego que os veciños da Devesa (Vilardevós) da lingua oficial da república do visitante se mete pola pista que baixa do monte da Portela camiño do núcleo da poboación, sen máis saída que a marcha atrás cando chega a estreitarse o camiño, o espectáculo máis interesante do día está por chegar.

Iso foi o que lle ocorreu a un conductor dun tráiler que transportaba pezas de automoción dende a localidade portuguesa de Maita con destino a Eslovaquia. Só o transportista e o seu navegador saben cÓmo foron a dar coa Devesa cando o rumbo lóxico da mesma era continuar pola A-52 camiño, como mínimo, de Benavente.

Cara as dúas e media da tarde, o 112 recibe a alerta do atranco do vehículo articulado. Ata alí se desprazaron, ademais dunha patrulla do Destacamento de Tráfico da Guardia Civil de Verín, varios efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilardevós, que, entre outros apoios, facilitaron algo de víveres e auga ao chófer. O conductor acababa de perder todos os folgos e esperanzas logo de varios e longos minutos de maniobras para tentar sacar ao camión do atolladeiro no que o metera. Tanto é así, que ata os máis pesimistas presaxios de que "lle ía queimar o embrague" -como así aseguraban algunhas das testemuñas-capataces da operación- acabaron por cumprirse. Ou non.

A xa difícil tarea de comunicarse co camionero, que tanto os axentes da Guardia Civil como o súbdito checo solventaban co tradutor de Google, viña de sumárselle agora a aparente desgracia da avaría mecánica.

FALSA ALARMA

Pero, nen tanto. Porque o vehículo articulado, Marca Mercedes, lonxe de quedar sen embrague, o que viña de facer era deixar o mecanismo sin efecto para evitar que se requentase de xeito que acabase inservible. E, mentras enfriaba a mecánica, un veciño tivo a brillante idea que lembrarse dun experto transportista, o "Ringo", casado cunha filla do lexendario "Tío Roquiño" -ilustre contacontos da aldea da Devesa xa falecido- e que toda a súa vida, ou gran parte dela, pasouna no alto dun tráiler.

trailer2Axentes da Guardia Civil de Verín auxiliaron durante toda a tarde ao chófer checo (FOTO: TRÁFICO VERÍN).

Porque os que presenciaban a escea eran xa maiores, pois de non ser así, o "Ringo" sairía a ombreiros dos presentes. O veciño da Devesa púxose aos mandos do Mercedes e, sabedor como ninguén dos recunchos e pistas do lugar, foi quen de por ao checo e ao seu camión no sentido correcto de Eslovaquia, cunha máis que sonora ovación de todos os presentes.

Descoñecemos que poido barruntar o camioneiro estranxeiro en checo, pero abofé que entre as súas bágoas había, pasadas as sete e media da tarde, sinceiras verbas de agradecemento á xente da aldea da Devesa (Vilardevós), que en todo momento o acompañaron nese angustioso trance. Pasadas as 20 horas, o chófer arrancaba, agora si, camiño da terra, levando para centro Europa unha boa proba dos chourizos da localidade.

O GPS mete a un camioneiro checo na Devesa (Vilardevós) e sae cinco horas despois cheo...
comentarios