mércores 28/07/21
Os dous focos foron rapidamente controlados

Dúas hectáreas queimadas noutros tantos lumes en Albarellos e Vilarello de Cota

Pequeno incendio na estrada entre Albarellos e Vilaza. | FOTO: M. Ceballos.
Pequeno incendio na estrada entre Albarellos e Vilaza. | FOTO: M. Ceballos.

Un par de lumes detectados esta tarde nos concellos de Vilardevós e Monterrei obrigaron a activar aos equipos de extinción de incendios da Xunta de Galicia que, grazas á súa rápida intervención, lograron sofocalos en poucos minutos dende se produciren.

O primeiro comezaba cara as 14:00 horas na localidade de Vilarello de Cota, en Vilardevós. Alí, as lapas queimaron cerca de 1,5 hectáreas de monte. Pouco antes das tres da tarde quedaba totalmente sofocado. 

Case tres horas despois, ás 17:30 horas, detectábase un novo foco a carón da estrada OU-1012, a que une Albarellos e Vilaza, no concello de Monterrei. Ata alí se desprazaba un camión autobomba do Distrito Forestal Verín - Viana e unha parella da Garda Civil. Os equipos de extinción non permitiron que as lapas queimasen máis das 0,5 hectáreas carbonizadas esta tarde. 

As primeiras investigacións, neste último foco, apunta a que o traballo dun tractor que realizaba labores de desbroce nas inmediacións pode estar detrás da ignición deste incendio. 

Dúas hectáreas queimadas noutros tantos lumes en Albarellos e Vilarello de Cota
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade