Coñecerá a labor que leva a cabo o CDR Portas Abertas e achegarase ao castelo

O candidato ao Congreso por Ourense de En Marea, Iván Olmos, visita hoxe Vilardevós e Monterrei

Iván Olmos Ferreiro, cabeza de lista ao Congreso dos Deputados por Ourense de En Marea.

O cabeza de lista por Ourense de En Marea, Iván Olmos estará a tarde deste xoves na comarca. As catro ten prevista unha xuntanza cos responsables do Centro de Desenrolo Rural Portas Abertas, para coñecer de primeira man o seu funcionamento. Dúas horas despois achegarase ata a fortaleza de Monterrei, acompañado por membros da Plataforma en Defensa do Castelo para escoitar sobre o terreo as principais demandas á Administración autonómica que este colectivo leva facendo por mor dos accesos ao monumento.

O cabeza de lista por Ourense de En Marea, Iván Olmos estará a tarde deste xoves na comarca. Ás catro ten prevista unha xuntanza cos responsables do Centro de Desenrolo Rural Portas Abertas, para coñecer de primeira man o seu funcionamento e, tamén, os problemas do interior galego e cos que eles loitan cada día. A visita do cabeza de cartel por Ourense servirá, ademais, para saber cómo lle foi a viaxe dos representantes do CDR a Madrid, unha das dúas institucións ourensás que participaron na manifestación da pasada fin de semana na que berraron contra o esquecemento por parte das administracións do que deron en chamar a "España baleirada".

Dúas horas despois, cara as seis, achegarase ata a fortaleza de Monterrei, acompañado por membros da Plataforma en Defensa do Castelo para escoitar sobre o terreo as principais demandas á Administración autonómica que este colectivo leva facendo por mor dos accesos ao monumento. Olmos Ferreiro asegurou que "En Marea defende que o castelo ten que ser un ben de uso público e non estar ao servizo de intereses privados, como neste caso ocorre coa implantación no seu interior dun parador ruinoso económicamente e que atacou de xeito inconcebible o aspecto histórico deste monumento cando foi remodelado, sen ter en conta o máis mínimo dos respectos á súa riqueza arqueolóxica".

Iván Olmos estará acompañado por Jorge Lorenzo Vila, veciño de Laza e terceiro posto na candidatura de En Marea ao Senado.