Martes. 19.03.2024
lumeexterior
O lume declarouse ás cinco de tarde deste xoves. | FOTO: Eusebio Prada.

Un lume iniciado pouco despois das cinco da tarde na localidade de Arzádegos, en Vilardevós, calcinou por completo a metade dunha das súas viviendas que, no momento de se producir o incendio, estaba deshabitada. Segundo poido saber este medio, e como así nos informa unha das testumuñas do sinistro, Eusebio Prada, as lapas declaráronse de xeito fortuito por mor, segundo os primeiros indicios, dun curtocircuito. Unha importante parte da casa, de construción antiga, calcinouse por completo. O lume afectou en menor medida á parte nova da vivenda. No baixo da mesma había varios automóbiles antigos, tractores e maquinaria agrícola. Algúns dos vehículos mesmo foron retirados empurrados pola veciñanza, que nun primeiro momento acudiu a sofocar as lapas cos medios cos que contaba e mesmo derrubando unha das portas ao non teren chaves para acceder á vivenda.

bombeirosapagandoOs veciños de Arzádegos tentaron, cos seus medios e inicialmente, sofocar as lapas, ata que chegaron os equipos de extinción. | FOTO: Eusebio Prada

Unha patrulla da Garda Civil, de servizo non moi lonxe dalí, foron os primeiros efectivos en chegar, acordoando a zona para evitar que o lume poidera producir algunha vítima humana. Media hora máis tarde de se iniciar o incendio, chegaban os bombeiros para sofocalo. Arredor das seis e media da tarde estaba xa totalmente extinguido

estadofinalA vivenda quedou totalmente calcinada nunha das súas metades, a máis vella. | FOTO: Eusebio Prada. 

Calcinada polas lapas a metade dunha vivenda deshabitada, en Arzádegos