Venres. 29.03.2024
Capela da Virxe de Portas Abertas, en Vilardevós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Capela da Virxe de Portas Abertas, en Vilardevós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal, a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, vén de anunciar que requerirá, tanto ao Bispado de Ourense como á Xefatura Provincial da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que devolvan o entorno da capela de Florderrei Vello, en Vilardevós, "ao estado de dignidade que merecen eses elementos patrimoniais, que inclúen non só ás lápidas senón tamén o entorno e a propia edificación relixiosa. Non é de recibo que as inmediacións dunha capela que nos consta que é moi visitada presente, ao seu carón, tal estado de desleixo por parte dos seus responsables", indicou, asegurando que requerirá ás entidades e organismos competentes "que retiren esas pedras e que coloquen as lápidas nun lugar moito máis axeitado e menos visible para os que ata alí se achegan", asegurou.

Unha das lápidas, esquecida a carón da igrexa. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Unha das lápidas esquecidas a carón da igrexa da Virxe de Portas Abertas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

A capela da Virxe das Portas Abertas, en Florderrei (Vilardevós), é unha das pequenas igrexas máis visitadas, sobre todo neste mes de setembro, por turistas, curiosos e tamén ferigreses, interesados en presenciar un fenómeno que todos os anos se repite, a visita de milleiros de formigas aladas que deciden vir a morrer a carón dos pés da imaxe da virxe

Moitas das pedras das tumbas e as propias lápidas permanecen amoreadas a carón da igrexa dende hai décadas, cando se reformou o entorno da capela e se levantou o novo cemiterio. Lonxe de seren retiradas ou custodiadas noutro lugar, quedaron na ubicación na que aínda permanecen facilmente visibles a ollos de todos os que até alí se achegan

Apatrigal pide que se retiren as lápidas amoreadas na contorna da capela de Florderrei