luns 12/04/21
Ata o CEIP Rodolfo Núñez achegáronse 520 persoas

Un 74,28 por cento de participación no cribado de Vilardevós

O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, someténdose á PCR. | FOTO: M. Ceballos.
O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, someténdose á PCR. | FOTO: M. Ceballos.

As 19:00 horas estaba previsto que finalizase o cribado organizado polo Sergas no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, e así foi. Ata o centro escolar da vila, nunha tarde sollleira pero con moito vento que fixo, ás veces, difícil o traballo das profesionais do Sergas, achegáronse 520 persoas das 700 que estaban citadas, o que supón un 74,28 por cento de participación

Os resultados comezarán a coñecerse mañá sábado, e durante un periodo de 24 ata 48 horas. Os participantes recibirán unha mensaxe se son negativos. No caso de que se confirme algún positivo, serán os servizos médicos quen contacten directamente

O concello de Vilardevós comezaba hoxe o seu particular "calvario", cun confinamento perimetral do municipio e o peche total da hostalería, ademais da prohibición de reunións de non conviventes

Un 74,28 por cento de participación no cribado de Vilardevós
comentarios