O prazo de inscrición remata o martes

NOTICIAS VIANA | O Concello organiza unha Ludoteca de Nadal para nenos vianeses

Información sobre a Ludoteca de Nadal de Viana.

O Concello de Viana do Bolo organiza unha Ludoteca de Nadal que se levará a cabo dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro. O obxectivo desta actividade é favorecer a conciliación familiar durantes as vacacións dos cativos, concretamente dos nados entre o ano 2010 e o 2018 que estén empadroados no municipio.

O prazo de inscrición xa está aberto, ata o vindeiro martes para cubrir as 50 prazas dispoñibles. Todas as actividades desta ludoteca de Nalal terán lugar no Pavillón Municipal de 10:00 a 14:00 horas.


Para máis información sobre esta ludoteca de Nadal pódese preguntar no CIM de Viana ou chamar ao 988 329 260. Os formularios que se deberán presentar nas súas oficinas tamén están dispoñibles a través da web do Concello, para que os responsables dos cativos poidan cumplimentalo e entregalo cos datos precisos.