Dispositivo especial de seguridade para o Entrudio de Viana na súa estrea nacional
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, coordinou este luns ás forzas e corpos de seguridadeimplicados no dispositivo especial para controlar o Entrudio 2026 de Viana do Bolo, na súa estrea como Festa de Interese Turístico Nacional. A celebración desenvolverase do 5 ao 18 de febreiro, con maior afluencia prevista na Festa da Androlla (15) e no martes de Entroido (17).
Santos copresidiu xunto ao alcalde, Germán García-Ávila, a Xunta Local de Seguridade ordinaria, na que se abordaron o operativo das festas, a evolución da criminalidade, os datos de violencia de xénero e o Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos. Na xuntanza participaron tamén Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, ademais de representantes da Xunta, Policía Local e Garda Civil.
O subdelegado animou á veciñanza a gozar da festa con prudencia e responsabilidade, lembrando que a nova distinción atraerá máis visitantes. A Garda Civil destacou a diminución dos delitos graves en máis dun 12% en 2025 respecto a 2024, cualificando Viana como un concello seguro. En materia de violencia de xénero, rexístranse 6 casos activos en Viana e 1 en Vilariño de Conso. No ámbito educativo, o Plan Director desenvolveu nove charlas, con arredor de 260 estudantes, centradas na prevención de condutas adictivas e no ciberacoso.