LUIS MENOR visitou a zona e comprobou o estado dos traballos

A Deputación asume a retirada de entullo en A Bouza para devolver a normalidade aos veciños de Viana do Bolo | NOTICIAS VERÍN

O presidente Luis Menor conversa cos operarios e veciños de A Bouza durante a súa visita á zona afectada pola riada.

Deputación de Ourense asumirá a retirada de entullo na localidade de A Bouza, no concello de Viana do Bolo, co obxectivo de devolver a normalidade a esta zona tras a forte riada que o pasado 17 de xuño soterrou a zona central da poboación.

O presidente da Deputación, Luis Menor, anunciou a medida tras a reunión celebrada este luns en Santiago de Compostela entre o conselleiro de Presidencia, Xustiza e DeportesDiego Calvo, os representantes das deputacións de Lugo e Ourense e dos concellos máis afectados polas choivas torrenciais.

Reunión de coordinación mantida este luns en Santiago de Compostela.

Menor explicou que, a través dunha encomenda urxente de xestión, a Deputación procederá á contratación dunha empresa con capacidade para a limpeza da localidade e a restauración das áreas máis danadas, seguindo un modelo similar ao empregado na xestión do vertedoiro da Rúa a finais de agosto do pasado ano.

O presidente provincial visitou persoalmente a zona e comprobou o estado dos traballos que as brigadas e maquinaria 

Menor comproba os danos nas vivendas de A Bouza xunto a un veciño e persoal da Deputación.

da Deputación veñen executando desde o primeiro momento. Estes medios encargáronse de restablecer as comunicacións por estrada en A BouzaPradocabalos e Pixeiros.

Os traballos centráronse en dous puntos. Na OU-0903 (Viana do Bolo–límite coa provincia de Zamora), onde se conseguiu limpar o tramo en apenas tres días, permitindo a súa apertura ao tráfico. E na OU-0904, entre Seoane e A Bouza, onde os danos provocados pola gran cantidade de materiais arrastrados desaconsellan a circulación, reservándose esta vía ao tránsito de maquinaria ou vehículos de emerxencia.

Menor subliñou que esta actuación referenda a "resposta inmediata da Deputación" e que a vontade da institución é "devolver canto antes a normalidade á veciñanza da Bouza".