martes 24/11/20
O goberno autonómico considera de primeira necesidade ir aos supermercados da capital comarcal

A Xunta respóndelle á alcaldesa de Oímbra: si se pode ir a mercar alimentos a Verín

Os traballadores do Gadis de Verín súmanse ao recoñecemento aos sanitarios, en pleno confinamento na primeira vaga da pandemia. | FOTO: Iria Otero.
Os traballadores do Gadis de Verín súmanse ao recoñecemento aos sanitarios, en pleno confinamento na primeira vaga da pandemia. | FOTO: Iria Otero.

"A Xunta de Galicia considera xustificados os desprazamentos dos veciños dos concellos da comarca de Verín á cabeceira de comarca para a realización de actividades esenciais, incluída aquí a compra de alimentos ou calquera de primeira necesidade". 

É a resposta literal que o Goberno autonómico vén de lle dar á rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, quen, logo das moitas consultas recibidas no seu consistorio, optou por dirixir unha petición de aclaración da norma por escrito á Xunta de Galicia. 

Así pois, aínda que en grande parte dos municipios da comarca existen supermercados capaces de proporcionar o indispensable para a supervivencia, todos os residentes dos mesmos poderán achegarse a Verín para facer a súa compra en virtude da resposta facilitada polo departamento presidido por Alberto Núñez Feijóo. 
 

A Xunta respóndelle á alcaldesa de Oímbra: si se pode ir a mercar alimentos a Verín
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade