Venres. 29.03.2024
centro de día
Centro de día para maiores do Concello de Verín, nunha imaxe de ARQUIVO. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Xunta trasladará a partir deste luns equipos de valoración da dependencia a seis comarcas da provincia de Ourense para reforzar o traballo dos servizos sociais e buscar "reducir o tempo de espera das solicitudes".

Segundo explica o Goberno galego nun comunicado, será unha iniciativa "piloto" que se aplicará durante medio ano e que, en función do seu impacto, poderase replicar durante máis tempo.

En concreto, situarase un equipo en cada área xeográfica que atenderá a todos os concellos da súa zona. Así, os puntos de referencia serán Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Verín, O Carballiño e Ourense. En canto á veciños da área de Maceda, poderán trasladarse ao Concello da cidade das Burgas.

As persoas que teñan solicitada unha valoración de dependencia serán citadas a través do teléfono 012 con anterioridade. Só terán que acudir á oficina de valoración aqueles cuxa mobilidade llo permita, o resto serán valorados no seu domicilio, como até agora.

A Xunta envía a Verín un equipo permanente de valoración da dependencia para tentar...