viernes. 19.04.2024
20191116 NP CONCELLO DE VERÍN Entrega obsequios aos visitante 25000 do Museo Claustro Mercedario
O presidente da Asociación Para a Defensa do Patrimonio de Galicia (Apatrigal), Carlos Coto, fai entrega do lote de obsequios ao visitante número 25.000, o redondelán Marcial Iglesias.

O Museo Claustro Mercedario de Verín acadou hoxe a cifra dos 25.000 visitantes durante a visita ás instalacións dos participantes nas Xornadas do Día Mundial do Patrimonio que se están a celebrar en Verín baixo o lema "O mundo balneario de 1906. O soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías". Trátase dunha cifra que da mostra, din dende o consistorio local, "da boa acollida que está a ter este proxecto tanto entre veciños coma entre os visitantes".  

Aproveitando a ocasión, foi o presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego, Carlos Coto, o encargado de entregar o obsequio. O afortunado foi Marcial Iglesias de Amoedo, de Redondela, que percibiu, de parte do Concello de Verín, un lote de obsequios que incluían: material patrimonial divulgativo, un vale dunha cena para dous con produtos propios da comarca nun establecemento da vila de libre elección e un bono para acceder ás proxeccións que se realizarán no Festival Internacional de Cine Vía XIV.

O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, expresou a súa alegría "por ver como brotan aquelas sementes que se plantaron vai menos de 3 anos". Proba disto son as diversas iniciativas de particulares que estes días negocian co Concello de Verín a cesión dalgunhas pezas de interese público para o pobo e que proximamente pasarán a formar parte da colección do Museo.

Un redondelán, o visitante número 25.000 do Museo verinense do Claustro Mercedario