As Xornadas de Novela Histórica de Verín centrarán o foco na muller e no seu empoderamento
A vila do Támega converterase no epicentro cultural da novela histórica os vindeiros 27 e 28 de marzo, organizando a terceira edición das "Xornadas de Novela Histórica", que contará coa presenza de oito autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero.
Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración coa SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das súas xornadas, que se celebrarán no Auditorio Municipal de Verín. Devandito evento foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane; pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e polos responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez, quen nesta edición marcáronse como principal obxectivo visibilizar e pór en valor o papel da muller ao longo da historia.
"A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres. É unha materia pendente, por iso este ano quixemos que elas foran as protagonistas nas III Xornadas de Novela Histórica", explicou Aurora Prieto.
A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres (Aurora Prieto)
Un ano máis relatores e relatoras converterán a vila do Támega no epicentro da novela histórica "sendo unha cita eludible para todos os amantes deste xénero literario e unha magnífica oportunidade de escoitar a autoras e autores que sempre están nas listas dos libros máis lidos", dixo Emilia Somoza.
Segundo destacou Vicente Rodríguez, "nesta terceira edición contaremos coa presenza, entre outros, de escritoras e escritores de gran prestixio", coma Luz Gabás, autora de Palmeras en la nieve e Regreso a tu piel; María Vila co seu libro La leyenda de las dos piratas, onde, nunha época gobernada por homes, dúas mulleres se rebelan contra a vida que lles corresponde vivir en busca de liberdade; María Solar, autora galega de Os nenos da varíola, e As horas roubadas; Eva Díaz, que falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina e é a autora de El color de los ángeles e finalista do Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro, autora de Volver a Canfranc, onde a protagonista é unha muller valente, loitadora que arrisca a súa vida polos demais.
Haberá tamén unha mesa redonda que contará coa presenza Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral; e, coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados da música do luthier e trobador, Emilio Arias.
Dende o grupo de goberno seguimos a traballar en converter a nosa vila nun referente a nivel cultural organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade (Gerardo Seoane)
Para finalizar, Gerardo Seoane quixo destacar a importante achega que supoñen devanditas xornadas á axenda cultural da vila "como así o demostran o rotundo éxito de participación alcanzado na segunda edición con case un milleiro de asistentes. Dende o grupo de goberno seguimos a traballar en converter a nosa vila nun referente a nivel cultural organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade".
Programa do Ciclo de Conferencias
Venres, 27 de marzo:
- 11:00h. Presentación
- 11:05h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 11:10h. Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral: Seminario “Mulleres na historia”, dirixido aos centros de ensino de 3º e 4º da ESO.
- 12:15h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 12:20h. Clausura da mañá.
- 19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 19:35h. Inauguración.
- 19:40h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 19:45h. Rosario Raro: “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas.”
- 20:20h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 20:25h. Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”.
- 21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 21:05h. Clausura da tarde e sinatura de libros.
Sábado, 28 de marzo:
- 12:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 12:05h. María Vila: “Mulleres piratas no século XVI”.
- 12:40h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 12:45h. José Luis Corral: “Mulleres da historia á novela: Tres mulleres na vida de Carlos de Austria”.
- 13:25h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 13:30h. Clausura da mañá e firma de libros.
- 18:30h. Intervención musical de Emilio Arias
- 18:35h. “As damas nas novelas sobre o Santo Grial”, Mesa Redonda con Javier Sierra e José Calvo Poyato, modera José Luis Corral.
- 19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 19:35h. María Solar: “Os nenos da varíola. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”.
- 20:10h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 20:20h. Luz Gabás: “As mulleres nas miñas novelas: de Palmeras na neve ao latexado da terra”.
- 21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
- 21:05h. Clausura e sinatura de libros.