luns 26/10/20
Algúns dos colexios electorais anteriores non estaban indicados para manter a distancia de seguridad esixida

Os verinenses votarán o 12 de xullo no pavillón polideportivo e no campo de fútbol José Arjiz

Pleno extraordinario na Casa da Cultura da vila de Verín. Ademais da adxudicación dunha operación de préstamo a longo prazo para financiar investimentos previstos polo Executivo local, os membros da Corporación foron testemuñas do sorteo de integrantes das diferentes mesas electorais, que mudan de ubicación en Verín, por non cumpriren cas esixencias mínimas en materia de seguridade, a espazos máis amplos. 

O pleno desta mañá volveu a ter lugar na Casa da Cultura. | FOTO: Carlos Montero.
O pleno desta mañá volveu a ter lugar na Casa da Cultura. | FOTO: Carlos Montero.
Esta mesma mañá estaban convocados os integrantes da Corporación municipal verinense a un pleno extraordinario que tiña, entre outros puntos da orde do día, coñecer quen serán os integrantes das diferentes mesas electorais na vindeira convocatoria autonómica do 12 de xullo. Pero, antes de que se coñecesen os designados, Diego Lourenzo Moura, o tenente de alcalde do Concello de Verín anunciou os cambios precisos nos diferentes colexios onde se exercía o dereito ao voto. 
Así, e coa finalidade de protexer a saúde pública, evitando as  aglomeracións en espazos reducidos, o Concello de Verín modificará a ubicación das seguintes mesas electorais: as que estaban ubicadas na Casa da Xuventude e na Oficina de Turismo/Sala de Exposicións trasládanse ao Pavillón Municipal de Deportes. As que estaban establecidas no Salón de Actos do Hospital de Verín mudan tamén de ubicación, aínda que non moi lonxe: o estadio de fútbol José Arjiz. A última das modificacións prevsitas polo grupo de Goberno local é o traslado da mesa situada no centro social de Feces de Abaixo (Verín) á antiga escola da mesma localidade

Por outra banda, o pleno tamén aprobou por unanimidade a suspensión do cobro durante o exercicio 2020 da taxa pola ocupación de vía pública mediante a instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos e atraccións de recreo, situados en terreos de uso público local na parte da taxa correspondente á feiras que se celebran no municipio verinense os días 3, 11 e 23 de cada mes.

Onde non houbo unanimidade foi na aprobación da adxudicación a Caja Rural de Zamora da Operación de Crédito a longo prazo para financiar gastos de investimentos proposta polo grupo de Goberno, que contou cos votos en contra dos catro concelleiros do Partido Popular. O seu voceiro insistíu, Juan Manuel Jiménez Morán, unha vez máis, na "ilegalidade" que estaba a cometer "este Executivo ao asinar unha operación de endebedamento sen que se coñecese a liquidación do exercicio anterior", advertíndoo expresamente de posibles responsabilidades, entre elas, a de ter que devolver a cantidade recibida de xeito anticipado no caso de que se anulase a operación financiera. Argumento que non foi tido en conta polos membros do bipartito, ao considerar que ese incumprimento que advirte o voceiro popular non se dá porque a liquidación do exercicio anterior pódese facer pública nos seis primeiros meses do ano seguinte. 

 

Os verinenses votarán o 12 de xullo no pavillón polideportivo e no campo de fútbol José...
comentarios