Martes. 19.03.2024
O restaurante Souto das Candeas é un dos que xa se asociou á iniciativa.
O restaurante Souto das Candeas é un dos que xa se asociou á iniciativa.

Mercar en Verín é a consigna. Dende que se decretou o estado de alarma e se obrigaron a pechar os comercios e demais establecementos de servizos na vila xurdiron varias iniciativas co gallo de reactivar canto antes a actividade comercial da vila e do municipio. Moitas delas foron incentivadas dende a Asociación de Comerciantes de Aever, como a de entregar vales para adquirir produtos nas tendas que se viron obrigadas a pechar obtidos se un mercaba nas que puderon seguir abertas. Tamén está en marcha a elaboración dun portal eléctronico de venda online entre os comerciantes da vila e, agora, a todas as anteriores, vénselle de sumar unha iniciativa privada: Rumbo. 

Trátase dunha aplicación para móbil que nas vindeiras semanas estará dispoñible tanto para Android como para iOS. Polo momento, só se pode acceder dende unha páxina web ou ben chamando por teléfono. Rumbo é unha aplicación de servizos que lle permitirá ao seu usuario non moverse do sofá para adquirir calquera produto ou realizar unha xestión que non precise da súa presencia física. Pedir o xantar, regalar flores, mercar pasteis ou enviar un mensaxeiro a recoller unha documentación a unha xestoría son algunhas das oportunidades que ofrece Rumbo, a nova mensaxería -dúas motos e unha bicicleta- que conectará aos verinenses, incluso máis alá dos límites xeográficos do casco urbán, cos seus establecementos hostaleiros e comerciais. 

IMG_0038-1-254x300

Rumbo xa está dispoñible en www.rumbonosmovemosporti.com. Nas vindeiras semanas, cunha simple aplicación para móbil que se poderá descargar de xeito gratuíto grande parte dos servizos de Verín estarán dispoñibles sen moverse de casa. Esta diseñada íntegramente polo polifacético José Antonio Quintas, que agarda que "isto sirva para incentivar a que o comercio local emerxa e se consuman produtos non só dos supermercados. Á app iranse engadindo non so restaurantes, senón tamén poden facelo tendas, floristerías, carnicerías ou peixerías", sinalou. 

Un verinense crea unha "app" coa que poderás encargar o que precises no comercio local...