Venres. 29.03.2024
Potenciar, de novo, a "cultura segura" tamén figura entre os obxectivos da programación navideña deste ano

A campaña de Nadal do Concello de Verín persegue reanimar as maltreitas cifras do comercio local

Algunhas das accións que conforman a programación de Nadal deste ano son: o tradicional Belén da Viruca, o reforzo da iluminación de Nadal, tres eventos culturais enfocados a todos os públicos, pasarrúas temáticos, unha cabalgata de reis estática e o sorteo de 6.000 euros para incentivar o consumo no comercio local.

O Concello de Verín, nunha imaxe de arquivo polo Nadal.
Así loce o Concello de Verín pola noite, coa súa praza totalmente iluminada. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín acaba de presentar a súa programación de Nadal, este ano condicionada pola actual situación sanitaria, pero cuns claros obxectivos, recuperar unha "cultura segura" e potenciar o consumo no comercio local. Así mesmo, garantirase o cumprimento das pertinentes medidas de seguridade.

Algunhas das accións que conforman a programación de Nadal deste ano son: o tradicional Belén da Viruca, o reforzo da iluminación de Nadal, tres eventos culturais enfocados a todos os públicos, pasarrúas temáticos, unha cabalgata de reis estática e o sorteo de 6.000 euros para incentivar o consumo no comercio local.

201214 ILUMINACION NADAL VERIN-10Árbore que preside a praza do Concello de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

A esta presentación asistiron as concelleiras das áreas de Educación, Cultura e Festexos e de Comercio Local, Emilia Somoza e María Isabel González; José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, presidente e xerente da Asociación de Empresarios de Verín (Aever).

Somoza destacou a importancia de que a cidadanía poida volver a desfrutar dunha "cultura segura", que actualmente estivo moi limitada pola pandemia da Covid - 19. Sen embargo, quere garantir que, pesa a isto, as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estarán en Verín, este ano, dunha maneira diferente. "Preparamos a súa chegada de forma segura, organizando unha cabalgata estática na Praza do Concello de Verín, na que os máis pequenos da casa poderán visitar ás súas maxestades e deixarlle as súas cartas".

Sendo o comercio local un dos máis afectados pola pandemia, realizarase un spot publicitario baixo o lema ''Xuntos, é o momento de apoiarnos''. Esta iniciativa sae á luz hoxe ás 21:00 horas, cun vídeo promocional de apoio ao pequeno comercio cuxa finalidade é incentivar o consumo local e reactivar unha economía mermada polos efectos da Covid - 19. O proxecto vén da man da área de Promoción do Comercio Local, dirixida por María Isabel González, quen afirma que "pretendemos reactivar e poñer en valor a actividade comercial da nosa vila".

Programa completo das actividades de Nadal en Verín

 

12

A campaña de Nadal do Concello de Verín persegue reanimar as maltreitas cifras do...