martes 24/11/20
O concello verinense mantense este luns nos 48 casos activos e no resto da comarca son case os mesmos: 45

Verín volve á cor laranxa do semáforo COVID, con Xinzo coma único municipio do sur ourensán en alerta vermella

O veciño concello de Xinzo queda coma o único municipio do sur ourensán este luns en alerta vermella, superando en casos activos aos de Verín. A comarca verinense ten 93 positivos, 45 fóra da capitalidade comarcal de Monterrei. 

As autoridades sanitarias manteñen a recomendación de usar, en todo momento, as máscaras.
As autoridades sanitarias manteñen a recomendación de usar, en todo momento, as máscaras.

O número de municipios en alerta vermella pola incidencia da COVID-19 nos últimos sete días baixou de 50 a 44 con respecto ao domingo, tras incorporarse á listaxe Cee e desactivarse esta situación en seis concellos: Santiago de Compostela, Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior.

Segundo a actualización deste luns do mapa de alertas da Consellería de Sanidade, que reflicte certa melloría ao descender do medio centenar a cifra de localidades en risco máximo, na provincia de Ourense tan só quedan Xinzo de Limia, Ribadavia e a propia capital.

En Lugo, son seis os municipios en alerta vermella, os mesmos que figuraban este domingo: Cervo, Chantada, Viveiro, Burela, Vilalba e a cidade de Lugo.

Mentres tanto, os concellos coruñeses en situación máxima baixaron a 18 tras a saída de Santiago, Noia e Ordes, e a incorporación de Cee. Así, continúan Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba, Ames e Teo.

En canto á provincia de Pontevedra, a desactivación en Soutomaior do nivel vermello pola incidencia da pandemia deixa a listaxe en 18: Cambados, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Verín volve á cor laranxa do semáforo COVID, con Xinzo coma único municipio do sur...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade