martes 24/11/20
Dende o luns, o número de persoas con enfermidade activa reducíronse nunha decena

Verín volve aos números de casos activos de coronavirus de fai un mes: 61

O comité clínico da Xunta decidiu onte pola tarde manter as restricións para Verín, Vilardevós e Oímbra, especialmente, non levantando o confinamento perimetral. Malia todo, os casos activos seguen baixando de xeito considerable. 

Un sanitario realiza un exudado a un posible caso de COVID - 19.
Un sanitario realiza un exudado a un posible caso de COVID - 19.

Dos 70 casos activos o pasado luns día 2 de novembro aos 61 deste mércores a primera hora da mañá. Seguen caíndo o número de persoas enfermas da covid, e non polo feito de que perdan a vida, senón todo o contrario: porque gañan en saúde e superan a enfermidade. Os novos positivos no municipio verinense están sendo menos dos que obteñen a alta médica, por iso as cifras de casos activos van notablemente cara abaixo.

É preciso viaxar no tempo ata o 4 de outubro -fai xustamente un mes- para atopar unha cifra idéntica, daquela en franco aumento ata chegar aos 92 casos activos do pasado 26 de outubro, a maior desta segunda vaga, e tamén da primeira, de coronavirus. 

Onte, o comité clínico da Xunta de Galicia decicía manter as restricións establecidas para Verín, e o resto de municipios da comarca, entre eles Vilardevós e Oímbra -cos que comparte confinamento perimetral-. O venres haberá nova reunión e outras medidas ou o mantenemento das que arestora están vixentes. 

Verín volve aos números de casos activos de coronavirus de fai un mes: 61
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade