Venres. 29.03.2024
Vista de la villa de Verín desde el castillo de Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Vista da vila de Verín desde o castelo de Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución de covid-19 en Galicia, vén de levantar as restricións especiais en tres concellos da provincia de Ourense, Verín, Amoeiro e Coles; noutros tres da provincia da Coruña, Trazo, Boqueixón e Val do Dubra; nun da provincia de Lugo, Monforte; e noutro da provincia de Pontevedra, Campo Lameiro. Nestes concellos rexerán, pois, as medidas de nivel 2. Así o acordou a Consellería de Sanidade logo da reunión de hoxe pola tarde, presidida polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 
 

En definitiva, dende o vindeiro xoves, en Verín, poderanse:

  • Manter reunións con personas non conviventes ata un máximo de seis;
  • volver aos bares e cafeterías, aínda que non se poderá consumir en barra, si nas mesas do interior (ao 50 por cento de aforo) ou nas terrazas, cun máximo do 75% de aforo;
  • Segue vixente o toque de queda, que impide estar fóra da vivenda habitual entre as 23:00 e as 6:00 horas, agás por despramentos xustificados.
  • Os velorios estarán restrinxidos a un máximo de 10 persoas no interior e os enterros, no exterior, a un máximo de 25 asistentes

O Concello de Verín vén de confirmar tamén que o vindeiro día 3 de decembro reanúdase o mercado tradicional ao 50 por cento da súa capacidade

Este xoves abren os bares e levántase o peche perimetral de Verín