Xoves. 28.03.2024
A nova construción costará un millón de euros, dos que o Concello de Verín aportará o 20 por cento da inversión

Verín recibe do Estado 800.000 euros para construír a ponte de Pazos a Queizás

O Concello de Verín vén de recibir unha nova subvención de outros 800.000 euros nun prazo de pouco máis de 72 horas. Neste caso, para a construción da ponte sobre o Támega, entre o polígono de Pazos e a localidade de Queizás, que permitirá retirar o tráfico de vehículos pesados do centro da vila, reducindo de xeito notable a emisión de gases contaminantes.

puente_queizas
Infografía da que será a nova construción sobre o Támega entre Pazos e Queizás.

O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético, IDAE, vén de conceder 797.551 euros ó Concello de Verín para a construción dunha nova ponte na vila, concretamente en Queizás, que retire o tráfico pesado do centro, especialmente ós camións con destino ó polígono de Pazos. Esta nova subvención súmase á recibida a pasada semana de 779.784 euros para a renovación das lámpadas do alumeado público exterior.

O proxecto englóbase dentro do Plan de Mobilidade de Verín, que ten como obxecto a redución de emisións no ámbito urbano. O programa concreto, segundo o texto da concesión dos 797.551 euros, consiste en "a construción dun viario perimetral que sirva de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75" de xeito que os camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así significativamente as emisións.

O proxecto entraría dentro das "actuacións para a implantación e posta en marcha do plan de movilidade urbana sostible no concello de Verín", tendo por obxecto reducir o consumo de enerxía final e de CO2 en máis dun 5%, xa que propiciarán un menor uso do vehículo privado cara outras alternativas de movilidade máis sostibles coma camiñar ou ir en bici. 

O alcalde en funcións de Verín, Gerardo Seoane, mostrou a súa satisfacción pola concesión desta nova e importante axuda, afirmando que "esta é unha moi boa noticia, porque nos permitirá continuar coa humanización do centro da vila, ó quitar outro porcentaxe máis de tráfico do centro".

Nun plazo máximo de seis meses dende a notificación da resolución, o concello deberá acreditar haber iniciado a tramitación dos procedementos de contratación dos suministros, obras e servizos e a conclusión das actuacións deberá ser dun máximo de trinta meses. A nova ponte suporá unha inversión total de 996.938 euros, e cruzará o Támega dende o acceso principal a Verín -estrada de Portugal- ata o polígono de Pazos.

Verín recibe do Estado 800.000 euros para construír a ponte de Pazos a Queizás