Non se poderá saír do perímetro dos tres, nos que si estará permitida a mobilidade entre eles

Verín, Oímbra e Vilardevós... Confinados do resto da provincia

Vista panorámica do municipio de Verín.

Os residentes en Vilardevós, Oímbra e Verín non poderán saír deses tres concellos ao resto da comarca se non posúen acreditación para poder facelo. Si estará permitida a mobilidade entre os tres municipios

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas.

Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.

Unha das novidades introducidas no día de hoxe polo Comité clínico foi acordar elevar ao nivel 3 de restricións aos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se establecerá un peche de mobilidade perimetral que só permitirá a mobilidade entre os mesmos. Ademais as xuntanzas entre persoas nestes concellos ficará limitada só a persoas conviventes.