Xoves. 28.03.2024
A Banda de Gaitas e os Cigarróns asombraron ós cidadáns sevillanos

A caseta galega do XI Encontro de Casas Rexionais e Provincias vestiuse con imaxes de Verín

Ó longo dista fin de semana, máis de medio cento de Cigarróns fixeron soar as súas chocas en Sevilla mentras percorrían as súas rúas promocionando Verín. A Banda de Gaitas do Concello foi a encargada de dar a coñecer a música tradicional galega coa interpretación de varias melodías que animaron ós sevillanos a se achegar ata a caseta Lar Gallego.

191014Captura de pantalla 2019-10-14 a las 10.54.29 copia CMZ_1
Máis de medio cento de Cigarróns percorreron as rúas sevillanas ó longo dista fin de semana.

Non cabe dúbida, ista fin de semana, a vila de Verín foi unha das grandes protagonistas da undécima edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais organizado polo Ayuntamiento de Sevilla. Inda que iste ano se homenaxeaba á Casa de Cantabria, a Banda de Gaitas do Concello de Verín mailo máis de medio cento de membros da Asociación Cigarrón de Verín que foron a Sevilla conseguiron chamar a atención dos habitantes da cidade andaluza.

Nista edición a caseta do Lar Gallego vestiuse con imaxes de Verín, promocionando a vila e os seus produtos en terras sevillanas. Entre verinesas, cigarróns e gaiteiros encargáronse de compartir con todos os visitantes os produtos típicos da terra: queixos, empanadas, augas mineiro medicinais, conservas e viños, xa que a DO Monterrei tamén estivo presente esta fin de semana en Sevilla cos seus mellores caldos.

19101420191011_222116 CMZO alcalde de Verín, Gerardo Seoane, recibindo ás distintas autoridades que se acercaron á caseta Lar Gallego.

O presidente do Lar Gallego de Sevilla, Alfredo Otero, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, fixeron de anfitrións para recibir na caseta da casa rexional galega ao resto de presidentes das distintas casas rexionais e diferentes autoridades.

Xa dende o venres, cando se inauguraba o XI Encontro de Casas Rexionais e Provinciais 2019, o son das chocas dos Cigarróns e as melodías da Banda de Gaitas do Concello de Verín encheron as rúas do centro da cidade co fin de dar a coñecer as tradicións da nosa vila.

A caseta galega do XI Encontro de Casas Rexionais e Provincias vestiuse con imaxes de...