Venres. 29.03.2024

A concellería de Festexos do Concello de Verín manterá a elaboración das tradicionais coplas para a celebración dos Maios, adaptándoas para poder lelas e difundilas a través de internet.

Ó non poder vender estes poemas imposibilítase a recadación de fondos solidarios, así como o festexo dos Maios Florais, polo tanto, este ano, a entidade municipal doará a cantidade destinada para estas celebracións ó programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C. D. R.  Portas Abertas.

A edición Maio Solidario 2021 será In Memorian de Enrique Gómez Pato, quen promoveu durante anos diversas funcións teatrais en beneficio do Asilo de Verín, polo que se hoxe estivera entre nós aplaudiría que o concello convocase este certame, mantendo así a nosa cultura popular á vez que se intenta recadar fondos solidarios.

Para conseguir este obxectivo, o consistorio chama a colaborar ás persoas lectoras, así como ós centros de ensino, e ás asociacións culturais e sociais da comarca que participaron na Festa dos Maios anos atrás; pedíndolle que contribúan redactando unha copla, que se difundirá a través das plataformas online do Concello de Verín o día 1 de maio

Verín doará íntegramente o orzamento destinado á festividade dos Maios ás persoas máis...