martes. 23.04.2024
21AF3DE4-0096-49F4-A3F8-300E5A3C3C4C
Horarios de tódalas concentracións no día de hoxe en Galicia.

Toda España está volcada tralo asasinato do mozo Samuel Luiz na cidade da Coruña na madrugada do pasado venres ao sábado. Só en Galicia, son exactamente 52 cidades as que hoxe, día 5, case de maneira simultánea, se van concentrar en repulsa ao sucedido ao berro de #XustizaParaSamuel. Tamén en Verín, onde a concentración cidadá terá lugar na praza do Concello ás 20:30h

O mozo de 24 anos faleceu a consecuencia dunha brutal paliza no paseo marítimo da cidade herculina, segundo a policía, por un presunto malentendido co teléfono móbil. Non obstante, o tuit dunha amiga de Samuel onde afirmaba que o mataran pola súa "orientación sexual", incendiou as redes sociais onde xa se considera unha morte por homofobia. Segundo informou a axencia EFE, xa foron detidas 13 persoas pola súa presunta relación directa ou indirecta coa morte do mozo.

NOTICIAS VERÍN | Verín concéntrase esta tarde en repulsa ao asasinato de Samuel