Martes. 19.03.2024
O vindeiro mércores, ás 9:30 horas na Casa da Cultura, aprobarase en pleno esta medida de incentivación económica

O Concello de Verín deixará de ingresar uns 75.000 euros polas taxas de lixo, terrazas e toldos que condonará a comerciantes

Suspensión da taxa de recollida de lixo no segundo dos trimestres do 2020 e as exencións, durante este ano, ao pago das de terrazas, toldos, letreiros e escaparates son as medidas que o vindeiro mércores aprobará o Concello de Verín para axudar ás economías do comercio local máis castigadas polo andazo do coronavirus. 

Os establecementos que si se mantiveron abertos terán que seguir abonando as taxas pola recollida de lixo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Os establecementos que si se mantiveron abertos terán que seguir abonando as taxas pola recollida de lixo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Arredor duns 75.000 euros, "cantidade similar ás achegas ás festas de verán que non terán lugar", din dende o Concello de Verín, serán os cartos que as arcas municipais deixen de incorporar logo de que se aproben, este mércores en sesión plenaria, as medidas que o grupo do Goberno deciciu para facerlle máis levadío este trimestre a todos aqueles establecementos que se viron na obriga de pechar polo andazo de coronavirus. 

Así, a proposta do bipartito, co "obxectivo de mitigar os efectos negativos que se poden producir en determinados sectores da economía da nosa vila, especialmente perxudicados pola pandemia do COVID-19", someterase a aprobación -que o tenente de alcalde Diego Lourenzo agarda que sexa por unanimidade das formacións representadas na Corporación- os seguintes puntos:

* Suspensión do cobro do segundo trimestre do exercicio 2020 da taxa pola prestación do servizo público de recollida de lixo, naqueles establecementos de restauración, autónomos e demais empresas que se viron afectadas pola obligatoriedade do peche logo de se decretar o estado de alarma. 

* Suspensión do cobro, durante todo o ano, da taxa pola ocupación da vía pública con terrazas; e devolución dos importes a aqueles establecementos que xa realizasen o pago. 

* Tampouco estarán obrigados ao pago das taxas este 2020 aqueles locais rexistrados no padrón que terían que abonar un determinado importe polo aproveitamento do voo mediante toldos ou pola ocupación da vía pública mediante portadas, escaparates, vitrinas, rótulos ou letreiros. 

diegocampaña2Diego Lourenzo, voceiro do BNG no Concello e tenente de alcalde, é o responsable da concellería de Facenda. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Diego Lourenzo, tenente de alcalde e responsable da concellería de Facenda, apuntou que "se ben é certo que os Concellos temos moi pouco marxe de acción, as nosas competencias son moi limitadas, pero dentro delas entedíamos que debíamos impulsar este paquete de medidas que ao noso entender son de interés para botar unha man e tentar mitigar os efectos do COVID-19 en dous colectivos moi específicos e de tanta importancia para a nosa vila como son o da restauración e o comercio", afirmou.

O Concello de Verín deixará de ingresar uns 75.000 euros polas taxas de lixo, terrazas...