viernes. 19.04.2024
Ademais da exposición, haberá concertos e conferencias divulgativas, entre elas, a de Xosé Lois Foxo

Dúas gaitas orixinais do século XVII protagonizan a mostra que, sobre o instrumento, se inaugura este martes

Concello de Verín, Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado organizan a mostra sobre a historia do mundo da gaita que este martes se inaugura. O director da Real Banda de Ourense, Xosé Lois Foxo, e a súa filla Ruth, responsable da publicación que o Concello de Verín edita co gallo desta exposición titulada "Verín, enclave de gaita", estarán presentes no acto inaugural. 

museogaita
A mostra sobre a historia da gaita ábrese este martes no Museo Claustro dos Mercedarios de Verín.

O Museo Claustro dos Mercedarios inaugurará o vindeiro martes, 6 de agosto, a exposición “Verín, enclave de gaita” como froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense. A mostra pretende achegar a historia deste instrumento a unha comarca que, por tradición, foi sempre un enclave de referencia dentro do mundo da gaita. O programa ao que pertence dita exposición “Verín, enclave de gaita” inclúe tamén concertos e conferencias como a que se celebrará, da man do propio Xosé Lois Foxo, ao longo da vindeira semana.

Á inauguración acudirán Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Cultura, Educación e Festexos de Verín, e o director da Real Banda de Gaitas de Ourense,  Xosé Lois Foxo, quen virá acompañado da súa filla e editora da obra, Ruth Foxo.

A APORTACIÓN VERINENSE AO UNIVERSO MUNDIAL DO INSTRUMENTO

Verín é fundamental na comprensión e estudo do universo mundial da gaita, como así o recollen os estudos de Ruth e Xosé Lois Foxo sobre o instrumento primitivo e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro. Boa proba do anterior é que dúas pezas orixinais do século XVII do Santuario da nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val foron recentemente restauradas e serán expostas por primeira vez ao público no museo do Claustro Mercedario de Verín, que tamén acollerá algunhas das unidades máis importantes da gaita primitiva e das reproducións escultóricas da colección de Xosé Lois Foxo.

A gaita é un fenómeno planetario que se manifesta de diversos xeitos en todas as culturas do mundo. "A historia da gaita é a historia da civilización", asegura o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo.

Foi baixo esta premisa polo que ocupou toda a súa vida afondando no estudo do seu nacemento e evolución dende o século VI. Agora, grande parte da súa investigación está recollida na obra "Verín, en clave de gaita", que baixo a dirección da súa filla, Ruth Foxo, edita o Concello de Verín con motivo desta exposición

Dúas gaitas orixinais do século XVII protagonizan a mostra que, sobre o instrumento, se...