viernes. 19.04.2024
trompo1
Así amenceu este venres o estacionamento disuasorio de Concello e rúa Elle.

O aparcadoiro situando entre a praza do Concello de Verín e a rúa Elle amenceu co recente pavimento estragado froito do que todo indica foron uns trompos feitos por uns vándalos ao volante dalgún automóbil.

O Concello de Verín estivo ao longo desta semana arranxando os principais estacionamentos disuasorios da vila, istes son, o de Laureano Peláez, Juan Guerra Valdés, Concello e Rúa dos Castros. A sorpresa, tanto para a concellería de Obras do consistorio, como para o seu alcalde, Gerardo Seoane, e os operarios que ao longo da xornada do xoves alisaban o parking central e gratuíto de Verín, foi comprobar como algúns desaprensivos aproveitaron a madrugada do venres para por a proba as súas habilidades ao volante facendo exhibicións que quedaron marcadas no terreo. 

trompo2O parking de Juan Guerra Valdés visto dende o aire logo de ser remodelado.

Os danos son mínimos pero requerirán que de novo volva a acudir a maquinaria pesada para remendar o traballo que xa remataran horas atrás. Tanto dende a concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá, como dende Obras e, incluso, dende a Alcaldía, fan un chamamento ao respecto aos bens públicos e ao civismo máis recomendable sempre á hora de colocarse aos mandos dun automóbil.

trompo3Esta imaxe foi tomada esta mesma mañá de sábado, logo de que por segundo día consecutivo o aparcadoiro do Concello e rúa Elle recibisen de novo aos "pilotos". 

Uns vándalos estragan o aparcadoiro entre Concello e rúa Elle nada máis arranxalo