sábado 21.09.2019
As reservas do grupo sanguíneo cero positivo están máis baixas

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Verín este xoves e venres

Cartel da campaña #súmateaonosoequipo | FONTE: ADOS
Cartel da campaña #súmateaonosoequipo | FONTE: ADOS

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), estará o xoves 4 e venres 5 de xullo na praza García Barbón de Verín. Todas aquelas persoas que queiran doar sangue poderán facelo achegándose entre as 10:15 h e as 14:00 h e pola tarde entre as 16:30 h e as 21:00 h, nunha nova campaña de doazón desta entidade asociada co SERGAS.

Precísanse doazóns de todos os grupos sanguíneos, pero as reservas de "Cero positivo",  son as que teñen un nivel máis baixo e das que se require unha maior cantidade, segundo afirma ADOS. A entidade aproveitou para recordar que o verán "é unha das épocas máis críticas para as reservas de sangue", xa que as urxencias sanitarias medran, pero as persoas "non acuden a doar coa mesma frecuencia".

Algún dos requisitos para poder ser doante son ser maior de idade e pesar máis de 50 kg. É obligatorio levar o DNI ou documento similar de identificación, e se a persoa en cuestión fixo unha tatuaxe terá que esperar 4 meses para poder volver participar nesta actividade voluntaria. Para clarexar calquera dúbida, coñecer o día no que as unidades móbiles estarán en cada concello ou deixar algunha suxestión, está habilitado o teléfono gratuito 900 100 828, ou o email [email protected]

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Verín este xoves e venres
comentarios