luns 26/10/20
Un home de 80 anos finou pasadas as tres desta tarde no centro hospitalario comarcal

A única morte da provincia pola covid este sábado tivo lugar no hospital de Verín

As vítimas da pandemia do coronavirus en Galicia subiron a 818 despois de que falecesen nas últimas horas tres homes diagnosticados de COVID-19 que estaban ingresados en hospitais da Coruña, Ferrol e Verín (Ourense), respectivamente

Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

As vítimas da pandemia do coronavirus en Galicia subiron a 818 despois de que falecesen nas últimas horas tres homes diagnosticados de COVID-19 que estaban ingresados en hospitais da Coruña, Ferrol e Verín (Ourense), respectivamente. Todos contaban con patoloxías previas.

En concreto, o home falecido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tiña 81 anos, mentres que os outros dous, que morreron no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e no hospital comarcal de Verín, tiñan 80.

Estas son as tres vítimas que deixa este sábado a pandemia do coronavirus na Comunidade galega, despois de que as autoridades sanitarias notificasen o venres sete decesos.

A única morte da provincia pola covid este sábado tivo lugar no hospital de Verín
comentarios