Rematan unhas actuacións que amplían notablemente o ancho desa vía

A limpeza previa á súa pavimentación enrareceu o aire na Estrada de Vilela

A maquinaria xa está preparada para rematar os traballos de pavimentación da vía que comunica a vila coa aldela de Vilela.

Os traballos de limpeza dos primeiros metros da Estrada de Vilela na súa confluenza coa Rúa Muralla provocaron unha importante masa de po que cubriu as inmediacións da Praza García Barbón. Os primeiros indicios fixeron sospeitar ao vencindario que se trataba dun lume próximo nunha vivenda.

Aínda que moitos dos veciños da praza chegaron a pensar que se trataba dun incendio próximo, o certo é que a nebulosa que cara as sete da tarde se xerou nas inmediacións da praza García Barbón e na rúa Muralla non tiña outra orixe que os traballos de adecentamento da Estrada de Vilela para o seu pavimentado posterior, que con toda seguridade terá lugar este martes, pondo así remate a uns traballos que consistiron nunha substancial modificación desa vía de comunicación entre as aldeas e o casco urbán, ganando, ademáis de na mellora dos sistemas de abastecemento e saneamento, no ancho da mesma.