O mércores 24 de abril farán un peche de 24 horas

Os traballadores do hospital de Verín convocan un peche de 24 horas

O persoal do hospital nunha das concentracións.

Debido á falta de acordo entre traballadores e dirección do hospital de Verín, as concentracións que se veñen dando no último mes desembocarán nun peche de 24 horas o mércores 24 de abrilpor parte do persoal, que reivindica unha resposta e solucións á situación.

O vindeiro mércores, día 24 de abril, os traballadores do hospital de Verín farán un peche de 24 horas como protesta debido a que "a xerencia do hospital fai caso omiso da situación que padece", segundo o comunicado suscrito polos sindicatos CCOO, CIG, CSIF, UGT, PROSAGAP, SAE e SATSE.

Estas concentracións por parte do persoal do hospital da vila, véñense producindo todos os mércores do último mes, e aseguran que se non obteñen unha resposta e unha solución para a situación, non descartan "todo tipo de mobilizacións".

Os representantes do persoal do hospital de Verín afirmaron considerar coma unha falta de respecto a carencia dunha solución á "merma na calidade da atención debido aos recortes da xerencia". Deste modo, manifestan non poder seguir con esta situación, baixo a consigna: "somos traballadores, non escravos".