Xoves. 28.03.2024
210212 vacinacion axuda fogar
Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar recibe a vacina contra a Covid-19 no Hospital de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín reciben a vacina contra a Covid-19 no hospital comarcal. O equipo está integrado por un total de 46 traballadoras, que atenden a 104 persoas.

Salientando este feito, Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior do Concello de Verín, afirma que ''esta é unha gran noticia para todos os usuarios e usuarias e familiares, que se sentirán máis seguros nos seus domicilios, pero tamén para as nosas auxiliares. Non debemos esquecer que, do mesmo xeito que moitos outros traballadores sociosanitarios, estas traballadoras atópanse en primeira liña de guerra, expoñéndose a diario a un posible contaxio por Covid-19''.

Non debemos esquecer que, do mesmo xeito que moitos outros traballadores sociosanitarios, estas traballadoras atópanse en primeira liña de guerra, expoñéndose a diario a un posible contaxio por Covid-19 (Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior)

Tamén recalcou a necesidade de que ''a Consellería de Sanidade continúe nesta liña de vacinación co resto de persoal municipal: Policía local, protección civil, así como o resto de servizos municipais que teñen contacto directo coa cidadanía''. 

Non só son as componentes do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín. Noutros municipios da comarca, coma Oímbra, ou mesmo da veciña Conso-Frieiras, como o da Mezquita, tamén as integrantes dos seus equipos de asistencia social están a ser vacinadas. 

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar comezan a súa vacinación fronte á Covid...