Venres. 29.03.2024
entrada tien 21- afonso
Entrada a Tien 21, tenda de electrodomésticos en Verín. | FOTO: M. D.

Un ano máis Tien 21 (Electrodomésticos Afonso) sumouse ao plan de renovación de electrodomésticos promovido pola Vicepresidencia Económica e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Un programa orientado a todos os interesados en cambiar os seus electrodomésticos por outros da mesma tipoloxía. As solicitudes poderán facerse ata o próximo 30 de setembro nos propios establecementos de venda, como en Tien 21, onde eles mesmos levarán a cabo os sinxelos trámites

tien 21- afonsoElectrodomésticos no interior da tenda Tien 21 en Verín. | FOTO: M. D.

Así o asegurou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen explicou tamén as cuantías destas subvencións: "Poderase contar con axudas de entre 100 e 450€, que van supoñer un 25% de desconto para os consumidores xerais e ata un máximo do 75% para colectivos máis vulnerables. A subvención engloba ata un máximo de tres electrodomésticos por solicitante".

En toda a provincia de Ourense xa hai 68 establecementos adheridos, 6 deles en Verín e, segundo Alén, "todos os que queiran unirse a este Plan Renove poden facelo ata o próximo 30 de xuño". Trátase dun proxecto orientado a favorecer o aforro económico, a redución do consumo enerxético, ademais de contribuír á creación de emprego.

NOTICIAS VERÍN | Tien 21, adherido un ano máis ao Plan Renove de electrodomésticos