Venres. 29.03.2024
A mensaxe recibida por unha paciente da Área Sanitaria de Verín.
A mensaxe recibida por unha paciente da Área Sanitaria de Verín.

Varios veciños da comarca espertaron hoxe cunha inesperada mensaxe do Servizo Galego de Saúde. Trátase da notificación dun presunto resultado negativo, derivado, tal e como se detalla no SMS, dun cribado Covid-19 de hoxe día 24, o cal nunha foi realizado.

Os pacientes notificados, que roldan os 30 anos de idade, recibiron a mensaxe entre as 08:50h e as 09:00h da mañá e todos afirman non terse sometido a ningunha proba recentemente. "Primeiro pensei que o resultado podía ser doutra persoa pero despois xa me fixei en que coincide a terminación do meu DNI", conta unha das afectadas.

Segundo confirmaba o propio Sergas horas despois, durante unha tarefa de mantemento "activáronse por erro dous procesos que estaban suspendidos. Deste xeito, foron enviados mensaxes con resultados negativos -os positivos comunícanse por teléfono- de cribados realizados con anterioridade en Verín e A Rúa, cargando de maneira automática o día no que se envía", explican.

NOTICIAS VERÍN | O Sergas notifica a pacientes da comarca resultados negativos dun...