martes 24/11/20
Trátase dun home e dunha muller, de 94 e 77 anos de idade

O Sergas notifica dúas novas mortes por covid no hospital de Verín

Das 11 vítimas rexistradas pola covid na comunidade autónoma, dúas foron no hospital público de Verín, un home e unha muller de 94 e 77 anos de idade

Vista aérea del Hospital de Verín.
Vista aérea del Hospital de Verín.

A Consellería de Sanidade notificou este mércores 11 falecidos vinculados coa pandemia de covid-19 en Galicia, seis deles procedentes da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense), co que xa son 847 as vítimas mortais na comunidade.

En concreto, os falecidos son unha muller de 87 anos ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña, unha muller de 85 ingresada no Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 88 anos ingresada no Clínico de Santiago.

Así mesmo, morreron unha muller de 77 anos e un home de 94 que se atopaban ingresados no Hospital de Verín (Ourense) e tres mulleres -de 99, 90 e 82 anos- que estaban no Complexo Hospitalario de Ourense. As tres últimas vítimas procedían da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

A maiores, nesta mesma residencia ourensá rexistráronse tres novos falecementos, os de dúas mulleres de 92 e 87 anos e o dun home de 89 anos.

Este número de vítimas -11 nunha xornada- é dos máis altos que comunicou Galicia en nova normalidade. En concreto, o pasado 13 de outubro, hai pouco máis dunha semana, Sanidade tamén comunicou 11 falecidos, a cifra máis alta rexistrada na Comunidade desde o 26 de abril, cando morreron 15 persoas en relación á covid-19.

O Sergas notifica dúas novas mortes por covid no hospital de Verín
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade