sábado 22.02.2020
a xerente, Guillermina Agulla, fixa a reapertura do paridoiro para o vindeiro mes de febreiro

O Sergas anuncia a contratación de dous pediatras para o hospital de Verín

As portas do paridoiro de Verín volverán a abrirse o vindeiro mes de febreiro, segundo anunciou a xerente do hospital, Guillermina Agulla.
As portas do paridoiro de Verín volverán a abrirse o vindeiro mes de febreiro, segundo anunciou a xerente do hospital, Guillermina Agulla.

A xerente do Hospital Público de Verín, Guillermina Agulla, confirmou hoxe que está previsto que a vindeira semana se poida formalizar a contratación de dous pediatras para a atención aos recén nados, e que permitirá a reapertura do paritorio nos primeiros días de febreiro.

Por outra banda, Agulla explicou que o Sergas traballa ademais na redacción do protocolo dos servizos hospitalarios implicados que permita retomar a atención aos partos en Verín, coa seguridade e garantías imprescindibles para as nais e os nenos, nos primeiros días do vindeiro mes de febreiro.

A xerente de Verín suliñou estes avances cos que se amosa o compromiso do Sergas co Hospital de Verín, así como a súa aposta por desenvolver as propostas e proxectos necesarios para reforzar e mellorar a atención sanitaria que desde o Hospital Público de Verín se ven prestando á poboación da comarca de Monterrei.

O Sergas anuncia a contratación de dous pediatras para o hospital de Verín
comentarios