jueves. 18.04.2024
O alcalde e candidato independente polo PSdeG, Gerardo Seoane
O alcalde e candidato independente polo PSdeG, Gerardo Seoane

Gerardo Seoane recíbenos na terceira das plantas da casa consistorial, que vén sendo "a de todos os veciños nestes últimos catro anos", preparando a súa comparecencia no mitin de apertura de campaña da Casa da Cultura de Verín, que tería que desenrolarse este venres pero que foi adiado ata o vindeiro mércores á mesma hora polo finamento do destacado militante socialista Alfredo Pérez Rubalcaba. Aínda que a conversa alóngase por máis de dúas horas, tres son as liñas básicas que manterá nos vindeiros catro anos de ver renovado o mandato por parte dos cidadáns: "Seguiremos a construír un Verín no que se poida vivir, sendo cercanos e dando servizos, e marcaremos a folla de ruta para a creación de emprego nos dous sectores que históricamente lle deron pulo a este val, a auga e o viño". Así, asegura que recuperará a xestión do servicio de agua potable "para facela gratuíta ata os 20 primeiros metros cúbicos", e facilitará, dende a institución municipal, o establecemento dunha nova industria embotelladora en Caldeliñas ou a posta en marcha dun centro de turismo enolóxico "que convirta a este val en referencia obrigada de parada, ¡non esquezamos que pola A-52 pasan 13.000 vehículo ao día".

Fuxe, iso si, pese a ser preguntado, "da marrullería que tenta sementar, nos estertores da súa carreira política, un candidato que non foi quen, tendo todas as administracións ao seu carón, de convertir esta vila nunha vila onde vivir e facela referente para outras".

Toca facer balance do que foron estes catros. De que se sinte máis orgulloso?

Creo que de dúas cousas, aínda que non sabería como ordenalas. A primeira, a satisfacción que me produce a colaboración, agás un par de casos aillados, que tiven en todo momento pola grande parte da cidadanía. A todos os veciños aos que lle pedín a súa colaboración para levar adiante un proxecto, sempre os tiven do seu lado. Sen ese entendemento, sen esa axuda por parte de tanta xente, non poderíamos ter feito os estacionamentos disuasorios en toda a vila, o parking dos camións, a reforma iniciada na estrada de Vilela ou mesmo a alineación da rúa Lisa coa desaparición de óptica. Pero tamén, e iso ten que ser moito de orgullo non só para min, senón para todos os verinenses, é que Verín está servindo de exemplo e estase a falar desta vila para pola como escaparate do que se pode facer, sinxelamente, con iniciativa e imaxinación. Falo, sen ir máis lonxe, do aparcamentos para vehículo e para camións, ou mesmo a política que nos levou a retirar grande parte dos contenedores das rúas creando os puntos limpos.

Verín está servindo de exemplo e estase a falar desta vila para pola como escaparate do que se poder facer, sinxelamente, con iniciativa e imaxinación.

alcalde3Gerardo Seoane, na imaxe do cartel da campaña.

É evidente que quedaron cousas por facer. Que grao de cumprimento lle da ao compromiso que adquiriu cos seus votantes hai catro anos?

Antes de nada, permítame que corrixa, cos meus votantes e co resto da cidadanía. O primeiro de todos eles, que era por esta institución ao servizo exclusivamente do cidadán, sen ser a tribuna de ninguén, creo que se acadou ao 100 por cen. Logo, evidentemente, cando un fai un programa electoral, o elabora cun optimismo e unha vontade que logo os tempos da Administración fan que cho impidan cumprir na totalidade, pero considero que máis do 80 por cento das nosas propostas están executadas. Ben é certo, e iso a cidadanía ten que sabelo, agradezo o esforzo de todos os meus colaboradores máis cercanos, e de moitos dos funcionarios deste Concello. Pero tamén teño que dicir que houbo outros dos que, como servidores públicos, agardaba máis lealdade coa institución. Non foron leales con este alcalde, pero o peor, non o foron co pobo que lles paga.

Está a dicir que lle puxeron paus na roda dende dentro?

Algunas faenas foron considerables e haberá que esixir as responsabilidades correspondientes. Non se pode ter á xente sen pagarlle facturas por un capricho, se non hai diñeiro, pois non hai diñeiro. Pero tendo o diñeiro, como é o caso, non se pode estar xerando unha mala imaxe para o Concello polo capricho dunha persoa.

Miremos cara adiante. Seguirá a política de remunicipalización de servizos?

Evidentemente. Non é un capricho deste grupo de goberno, é unha cuestión de aforro económico. Con todos os servizos que se recuperaron, xeráronse para este Concello máis de 240.000 euros ao ano de aforro. Cos dous que se recuperarán, ese aforro duplicarase.

Será o da auga un deles?

Si, este Concello recuperará a xestión da auga ao día seguinte da toma de posesión de renovar a confianza dos veciños de Verín. Facelo suporá un aforro duns 250.000 euros ao ano, que repercutiremos no recibo para facelo gratis no primeiro tramo. Esta é unha medida de aforro no consume de auga, porque sabes que se te pasas do límite, comezarás a pagar por ela. Na terra da auga a auga ten que ser gratis.

Recuperar o servizo municipal de augas suporá un aforro anual superior aos 250.000 euros anuais. Ese aforro repercutirase nos petos dos veciños. O primeiro tramo será gratis.

A Mancomunidade agarda polo seu acordo para volver a sacar o concurso da recollida do lixo.

Nós queremos recuperar o servizo de recollida de lixo, polo aforro, aínda que neste caso sabemos que non será moito, pero si porque o noso concepto do tratamento de residuos é outro. Queremos controlar a produción de lixo con unha maior labor de concienciación nos nosos cidadáns.

En que repercutirá o aforro que obterá desas políticas?

Xa comentei que no caso da auga irá directamente aos petos dos veciños, non pagando a auga. O resto de servizos remunicipalizados xerarán aforros que se invertirán na consolidación doutros atractivos que xa estamos conseguindo para a vila e que teñen unha repercusión económica clara: se gasto diñeiro na depuradora en exceso, non podo ter un cinema, non pode ter un teatro, non podo organizar feiras, non podo ter un museo... O que faremos será potenciar esta rede cultural que xa está ao nivel de calquera capital de provincia, que permitirá estimular o comercio local, agora que xa o propio deseño da vila tamén invita a vir a Verín.

Pero non só será este ámbito de actuación o beneficiado pola inversión.

Por suposto que non. Será un dos piares básicos, pero non podemos esquecer que precisamos xerar as condicións para que a inversión privada posibilite a creación de postos de traballo. Este grupo de goberno apostará pola potenciación dos dous principais recursos desta terra, a auga e o viño. En Caldeliñas promoveremos un aproveitamento industrial que complemente a produción que arestora ten Cabreiroá. E faremos o propio na Fonte do Sapo, para duplicar a capacidade embotelladora que temos arestora na vila. Tamén poremos en marcha a construción dun centro enolóxico na inmediacións da autovía A-52, que dotaremos dunha tenda especializada que será o escaparate dos nosos productos, pero que tamén contará cun hotel e restaurante que reclame a atención dos máis de 13.000 vehículos que pasan todos os días por diante do nós. Todo, sen descuidar a ordenación do territorio, que xa nos permite dotar a esta vila dun xeriátrico que creará 60 postos de traballo, ou que contempla, ao carón do anterior en Caldeliñas a construción dun hotel balneario.

En Caldeliñas promoveremos un aproveitamento industrial que complemente a produción que ten Cabreiroá. E faremos o propio na Fonte do Sapo, para duplicar a capacidade embotelladora que temos arestora na vila.

Nese programa a longo prazo, boto de menos medidas para a xuventude?

Creo que o mellor que lle podemos ofrecer aos nosos xóvenes é, ademais da cultura, formación. Pero non unha formación convencional de cursos ao uso. Non. Queremos que Verín sexa referencia tamén nese nivel, e queremos ofrecer aquí formación de nivel, referente máis alá das nosas fronteiras. Nos vindeiros catro anos promocionaremos a posta en marcha dunha escola de negocios cualificada e enfocada ás novas tecnoloxías. Non serán cursos esporádicos, queremos implantar unha formación especializada en informática e comunicación audiovisual, que tamén inclúa especialidades como a internacionalización de mercados e marketing. Queremos conxugar os nosos sectores produtivos coas tecnoloxías e coñecementos específicos para conseguir situalos nos principais mercados do mundo. Este propósito levarase a cabo en colaboración coa Universidade Nacional a Distancia (UNED) e outras institucións académicas, que terán na Casa da Xuventude, que así se chama por algo -esa era a auténtica vocación- como sede das aulas permanentes.

alcalde2O rexedor, no seu despacho do terceiro andar do consistorio.

Atrévese cun resultado electoral en número de edís?

Só poden ocorrer tres cousas: unha, quedar como estamos, que estaría ben. Outra, que melloremos, que tamén me vale. E a terceira, ningunha das anteriores, empeorar os resultados e ter que volver para a casa. Se é así, respectaremos a vontade popular, porque de ser así quere dicir que as nosas propostas non son do agrado da maioría.

Con todo, estou convencido de que a xente de Verín ten un alto grao de compromiso coa súa vila e saberá escoller a mellor das opcións.

Seoane: "A auga para o consumo será gratis en Verín"