Venres. 29.03.2024
Os populares acusárono de beneficiarse dunha concesión asegurando que era socio dunha mercantil sin selo

O senador socialista Juan Carlos Francisco querelaráse contra o PP de Ourense por difamalo

Rivera vén de anunciar unha querela por difamación contra o PP de Ourense por verter "infamias e falsidades" sobre un suposto vínculo cunha empresa madeireira na que non ten ningunha responsabilidade máis que a de ser apoderado pola súa actividade profesional como avogado. 

"O PP ten moito que explicar", afirmou Juan Carlos Francisco, e lamentou que Feijóo siga sendo "cómplice da saga máis tóxica da política ourensana".

JuanCarlosFrancisco10N
O senador verinense, Juan Carlos Francisco, votando o pasado 10 de novembro, nas eleccións ás Cortes Generales.

O senador socialista verinense, Juan Carlos Francisco Rivera, vén de anunciar unha querela por difamación contra o PP de Ourense por verter "infamias e falsidades” sobre un suposto vínculo cunha empresa madeireira na que non ten ningunha responsabilidade
O Partido Popular de Ourense, nas súas redes sociais, atribuíulle a participación e a administración na sociedade Madeiras do Xurés, S. L., que recibira a concesión da explotación forestal dos montes públicos de Entrimo no seu día, antes de que os comuneiros do municipio recurrisen ao xulgado pola propiedade dos mesmos. Segundo publicaron os populares, na súa páxina web e nas diferentes redes sociais, "O Concello de Entrimo concedeu de xeito irregular a Francisco Rivera a explotación de montes que a xustiza recoñece como propiedade dos comuneiros. A cesión a Madeiras do Xurés, S. L. U., na que figura como administrador e socio único Juan Carlos Francisco Rivera, secretario de organización do PSOE de Ourense, exsenador e número dous da candidatura socialista pola provincia na convocatoria das eleccións galegas do 5 de abril, realizouse segundo denuncia o PP de Entrimo con infraccións no preceptivo trámite de información pública, conforme ao apercibimento expreso da secretaria do Concello nun expediente que, necesariamente din os populares, determina a nulidade do contrato".

A publicación, non exenta de clamorosos erros, provocou a reacción anunciada do político verinense, declarando que "pensa o ladrón que todos son da súa condición", manifestou o senador do PSdeG, ante as acusacións do PP sobre unha suposta concesión irregular a unha empresa da que non é nin foi "nin administrador único, nin socio, nin accionista", como di o PP no comunicado no que tamén sostén que xa non é membro da Cámara Alta.

Pensa o ladrón que todos somos da súa condición. Nin fun nin son administrador único, nin socio, nin accionista de Madeiras do Xurés, S. L. U. (Juan Carlos Francisco)

Unha sinxela consulta ao Rexistro Mercantil arroxa a veracidade da defensa que fai o verinense. Madeiras do Xurés, S. L. U., pertence ao grupo Gadisa, a multinacional propietaria dos supermercados GADIS, ten como administrador único dende o 27 de marzo de 2008 a Desarrollos Empresariales Azahar, S. L. e Juan Carlos Francisco soamente é apoderado da mercantil dende o 1 de febreiro de 2006, "antes de que comezara a miña carreira política e condición froito, unicamente, da prestación dos meus servizos profesionais como letrado", asegurou a Diario do Támega

"Non dan unha", sentenciou,  "se non saben acudir ao Rexistro, cunha sinxela busca en internet descubrirán quen é o propietario", concluíu.

É unha mágoa que Feijóo sexa cómplice da saga máis tóxica da política ourensana (Juan Carlos Francisco)

En todo caso, cuestionou que esta sexa "a torpe resposta" do PP á publicación de que Baltar adxudicou durante o estado de alarma 26 contratos menores non esenciais fundamentalmente en concellos gobernados polo PP e "ás mesmas cinco empresas de sempre, vinculadas tamén ao PP".

"O PP ten moito que explicar", recalcou Juan Carlos Francisco, e lamentou que Feijóo siga sendo "cómplice da saga máis tóxica da política ourensana", que agora dá "un novo salto" na súa "política de enchufismo" ao cambiar as ordenanzas para designar directamente aos membros dos tribunais de selección de persoal da Deputación.

O senador socialista Juan Carlos Francisco querelaráse contra o PP de Ourense por difamalo