luns 12/04/21
Esa serie da vacina está baixo sospeita en varios países europeos

Sanidade confirma que os vacinados co lote ABV5300 de AstraZéneca non presentaron reaccións adversas graves

 12/2/21  SANTANDER
EP Vacunas 





FOTO: Juan Manuel Serrano Arce
Doses de vacinas contra a COVID - 19. | FOTO: Juan Manuel Serrano.

A Consellería de Sanidade confirma que non se rexistrou ningunha reacción grave tras a administración do lote da vacina de AstraZéneca ABV5300. O lote chegou a Galicia o pasado día 12 de febreiro e  administrouse seguindo o Plan Galego de Vacinación que incorpora dous sistemas de seguimento: a trazabilidade que identifica o lote da vacina e a persoa á que se lle administra; e por outra banda, o programa de farmacovixilancia establecido para este tipo de vacinas, a través do cal se comunican, rexistran e estudan as posibles reaccións adversas, das que se fai seguimento.

A Consellería de Sanidade subliña que, tanto a Axencia Europea do Medicamento, coma a Axencia Española avalan seguir administrando a vacina de AstraZéneca, dado que non existen evidencias, a día de hoxe, sobre a causalidade entre reacción adversa e a administración da vacina.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recoñeceu este venres que Galicia recibiu e administrou vacinas do lote de AstraZeneca baixo sospeita en distintos países europeos, aínda que certificou que, seguindo as recomendacións dos organismos oficiais, non se suspenderá nin se inmobilizará esta vacina e buscarase aos galegos que a recibiron "por telos localizados", aínda que en principio non está previsto un seguimento específico.

Mañá sábado está citadas, no hospital de Verín, unhas 200 persoas de idades comprendidas entre os 50 e os 55 anos para recibiren a primeira dose da vacina de AstraZéneca

Sanidade confirma que os vacinados co lote ABV5300 de AstraZéneca non presentaron...
comentarios