O turismo que conducía quedou debaixo dunha furgoneta tras o choque
Salva miragosamente a vida nunha colisión por alcance na A-52 a altura da saída cara a Cualedro
16 de mayo de 2022 (16:27 h.)
Un turismo impactou contra unha furgoneta (de matrícula polaca) pouco antes das catro da tarde na A-52, no quilómetro de 173, á altura da parroquia de Montes, en dirección Benevante, nun tramo próximo saída cara a Cualedro.
A alerta mobilizou ao 061, a Protección Civil de Cualedro, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Verín.
O turismo quedou debaixo dun lateral da furgoneta. O conductor do turismo, un vehículo negro da marca Mercedes, foi evacuado en ambulancia ao Hospital de Verín.