Venres. 29.03.2024
expo_o mundo mda mascara (1)
Cartel do evento.

Hoxe ás 20:00 h Mercedes Vázquez Saavedra, escritora e fotógrafa, inaugurará a súa mostra "Viaxe polo mundo da máscara" na Sala de Exposicións de Verín. Esta exposición é unha investigación etnográfica con 115 imaxes de máscaras galegas e portuguesas.
A autora define así a súa obra: “A miña vida é o mundo da máscara, un mundo máxico e paralelo. Non quero saír deste mundo de caras e enmascarados, non quero vivir no mundo real, non me gusta nada o que está a acontecer: a falta de principios e solidariedade”.
Devandita mostra estará aberta ao público do 22 de maio ao 14 de xuño.

A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra "Viaxe polo mundo da máscara"