viernes. 19.04.2024
A entrada custará 8 euros e os vehículos que asistan poderán ir totalmente ocupados

A recadación íntrega da estrea de "María Solinha" no autocine de Verín adicarase ás familias necesitadas da comarca

O Concello de Verín vén de anunciar que a recadación íntegra obtida logo da proxección de "María Solinha", o vindeiro 21 de xuño no autocine de Verín, será destinada a fins sociais, concretamente a aquelas familias da comarca máis vulnerables e vítimas, de xeito directo ou indirecto, da crise sanitaria e económica motivada pola pandemia do coronavirus. 

Estacionamento disuasorio central da vila de Verín.
Estacionamento disuasorio central da vila de Verín.

O Concello de Verín destinará a recadación íntegra da estrea mundial de "María Solinha" do próximo domingo 21 de xuño no autocine da vila a fins solidarios, concretamente ao apoio ás familias con menos recursos trala crise sanitaria do Covid-19, a través do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas. A primera sesión do autocine de Verín celebrarase no parking central da vila.

A estrea mundial da última película do director galego Ignacio Vilar, "María Solinha", servirá para inaugurar un novo xeito seguro de disfrutar do cine en Verín, mantendo a distancia e totalmente protexidos en cadanseu coche. As entradas poranse á venda proximamente en ataquilla.com e o prezo será de 8 euros, podendo ir os vehículos totalmente ocupados.

A entrada ao parking central de Verín realizarase polo acceso da Avenida de Portugal (fronte ao concello) de xeito único, quedando as restantes habilitadas para saídas de emerxencia e servizos.

As prazas estarán delimitadas con número fixo e as rúas de cada fila demarcadas con sinalización especial.

A recadación íntrega da estrea de "María Solinha" no autocine de Verín adicarase ás...