viernes. 19.04.2024
f3b9e197-059a-4a19-b7f1-ba3bc38ea667
As lapas, inicialmente, fixeron lembrar ós verinense o incendio devastador do mes de agosto de 2017. FOTO | Bombeiros do ISPF.

O lume afectou a máis de 40 hectáreas e súmase á lista coma o terceiro que ameaza a autovía A-52 en menos de tres días. O vento xogou en contra da extinción durante toda a xornada, dende que se iniciou o incendio ás 15:41 horas da tarde. A intensa fumareda dificultaba moito a visión, o que obrigou a cortar a circulación en ambos sentidos da A-52, á altura do km 153. O tráfico restrinxiuse ás 17:00 e reanudouse ás 17:40 horas

A este lume, súmase outro foco en Infesta, que se iniciou ás 17:05 desta tarde. A situación é especialmente complicada debido a que o incendio se sitúa nunha zona de difícil acceso, segundo fontes de Tráfico. 

440f3336-e9e8-4df3-b360-bdc00fe324db

Durante a xornada de hoxe, acudiron sofocar as lapas os bombeiros do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), helicópteros de Vilamaior e das brigadas de reforzo (BRIF) de Laza, así como avionetas de carga interna (ACT) dende Antela. Ademais da Garda Civil de Tráfico, que segue traballando no lugar debido aos problemas ligados á circulación na N-525. Durante as últimas horas (ás 17:28), tamén se desprazaron á zona afectada voluntarios da Agrupación de Protección Civil (AVCP) de Verín. 

O equipo de bombeiros explica que contan con "persoal moi comprometido" a pesar da inestabilidade meteorolóxica. Admiten que foron mobilizados moitos medios aéreos, "pero a situación está moi complicada". Segundo comentan os profesionais, o incendio parece un calco daquel que tivera lugar en 2017 e obrigara tamén a cortar a autovía A-52; só que entón chegou a afectar a unha superficie total de 1.360 hectáreas e, agora, agárdase que os danos sexan menores, se as condicións meteorolóxicas o permiten.  

Reapertura da A-52 tras 40 minutos cortada polo incendio que arrasa Verín