martes. 16.04.2024
Aquelas nais e pais que teñan que entrar a traballar poderán deixar aos pequenos no Princesa de España

Reanúdase o servizo "Érguete" do Concello de Verín para a cativada do municipio

O Concello de Verín vén de anunciar a reanudación do seu servizo "Érguete" dende este 1 de outubro nas aulas do CEIP Princesa de España da vila. Trátase do programa de conciliación familiar que lle permite a nais e pais deixar aos seus cativos ao cargo de coidadores, antes de que comecen -pola mañá- as clases e sempre que os proxenitores teñan que incorporarse ao seu posto de traballo.

Centro de Educación Infantil e Primaria Princesa de España de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Centro de Educación Infantil e Primaria Princesa de España de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello de Verín vén de anunciar a posta en marcha do seu servizo "Érguete" dende este xoves 1 de outubro para todas aquelas nais e pais que non poidan coidar dos seus cativos por motivos profesionais. Trátase dun programa de conciliación municipal que se desenrolará dende o inicio do curso escolar ata o remate do mesmo no Centro de Educación Infantil e Primaria Princesa de España de Verín. Todos os menores que se inscriban estarán atendidos por coidadores profesionais durante o tempo que transcorre entre que as nais e os pais os deixan no centro educativo para poder comezar a súa xornada laboral ata o comezo do horario escolar por parte de cativada

Devandita iniciativa persigue a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias dos nenos e nenas adscritos a este centro educativo, xa quen en moitos casos non poderían acudir ao seu posto de traballo ao non ter outro recurso para cubrir a necesidade de atención dos seus pequenos.

Todos aqueles interesados en se inscribiren no servicio "Érguete" poderán facelo na conserxería da Casa da Xuventude, ubicada na avenida de Portugal, 11 Bis, da vila verinense. Poderán obter máis información chamando ao 988.41.47.76 ou escribindo ao enderezo electrónico [email protected].

Reanúdase o servizo "Érguete" do Concello de Verín para a cativada do municipio