Xoves. 28.03.2024
Na sala COVID de Raiola aillarase un posible caso de coronavirus, se é que se da no centro.
Na sala COVID de Raiola aillarase un posible caso de coronavirus, se é que se dá no centro.

Foi o xermen da loita pola reapertura dos centros de día galegos sen ter que agardar á setembro como pretendía o presidente da Xunta en funcións -e para os vindeiros catro anos-, Alberto Núñez Feijóo. As familias dos seus usuarios foron as primeiras en facer pública a necesidade de recuperar este servizo municipal, e así llo trasladaron ao tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, no seu día, horas despois de coñecerse que se manterían pechados tres meses máis cando Raiola xa tiña data fixada para volver á actividade: aquel 1 de xuño. 

Non só foron os primeiros en denunciar o retraso na reanudación, senón que tamén se adiantaron a grande parte dos da comunidade en implementar un protocolo específico que garantise a seguridade de usuarios e traballadoras. Tanto, que a súa distribución anterior mudou de xeito considerable para adaptalo ás novas circunstancias. 

Son estritas as medidas hixiénicas e de seguridade que implementou a dirección de Raiola. Un lixeiro percorrido visual polas instalacións non deixa indiferente. Os avisos e carteis con sinxelas pero instrutivas recomendacións forman xa parte da decoración, e teñen un tamaño considerable adaptado ás dificultades visuais que poidan presentar os usuarios do centro. Pero non só son "decorativas" as modificacións que sufriu o centro de día de Verín. A súa distribución é outra, para responder adecuadamente ás esixencias marcadas pola autoridade sanitaria. 

Dúas novas dependencias

Existe xa unha sala "cero", que antes non había, para facer a transición dende a rúa ao interior do centro. Por ela pasarán tanto o persoal como os usuarios do centro, os únicos que teñen permitida a entrada. Non estará autorizado o acceso nin para familiares nin para proveedores, estos últimos deberán deixar a súa mercadoría na entrada principal e auxiliares de Raiola procederán á súa recollida e desinfección. Tamén quedarán nesa sala "cero" os zapatos, complementos e chaquetas dos maiores, e ós do persoal. Antes de acudir a ese recinto, terán transitado por unha alfombra especial de desinfección do calzado da rúa. 

Pola sala "cero" pasarán todos os días o persoal e os usuarios antes de acceder ao centro. 

Unha vez dentro, unha ducia de dispensadores de xel alcólico estará a disposición de usuarios e persoal para que se realicen, de xeito regular, desinfección de mans. Os maiores teñen, no seu taboleiro diario de actividades, unha quenda específica á mañá, e outra á tarde, para que acaben habituándose a esa práctica preventiva

Que farán no caso dun posible COVID no centro?

Só no caso de que se dé unha sospeita de COVID dentro da propia instalación -non entrarán no centro aqueles maiores que non superen a proba da temperatura antes de acceder se é que o transporta un familiar, ou antes de subir ao vehículo adaptado se o transporte corre por conta de Raiola-, porase en marcha o protocolo específico de posible caso de coronavirus, co aillamento inmediato do usuario sospeitoso na sala COVID habilitada ao efecto e posterior traslado en canto cheguen os servizos de emerxencia. O maior aillado nesa nova dependencia específica abandonará o centro de día por unha porta traseira situada a carón desa sala, co que se evitará que teña contacto algún co resto de usuarios. 

Só lle pido encarecidamente ás familias que fagan o mesmo ca nós, que minimicen os riscos, sobre todo nos dous vindeiros meses de verán con visitas de familiares doutras comunidades ou de comunidades onde se deron importantes focos

Chelo Ferreiro, enfermeira de profesión e directora de Raiola, ten claro que "no interior deste centro de día non se darán os contaxios, porque o noso persoal extremará a súa seguridade para evitar que se den e ningún usuario accederá se é que ten a máis mínima sintomatoloxía. As familias dos maiores teñen a completa tranquilidade na nosa profesionalidade e saben que en Raiola os seus estarán seguros. Só lle pido encarecidamente a elas que fagan o mesmo ca nós, que minimicen os riscos, sobre todo nos dous vindeiros meses de verán con visitas de familiares doutras comunidades ou de comunidades onde se deron importantes focos. Se o noso maior ten que quedar sen ver ao neto que vén de Madrid, que quede", afirma de xeito figurado Ferreiro Fernández. 

O centro de día de Oímbra, pertencente ao Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, tamén abre este mércores as portas de novo. 

O centro de día para os maiores de Verín abre este mércores aplicando estritas medidas...