viernes. 19.04.2024
Unha das nais que se concentra no Hospital de Verín dende esta mañá.
Unha das nais que se concentra no Hospital de Verín dende esta mañá.

O mércores, 4 de decembro, entre as 18:30 horas e as 19:00 horas, no Pleno do Parlamento de Galicia, o PSdeG plantexará ó conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, unha pregunta sobre a situación do Hospital de Verín.

Os simpatizantes e afiliados interesados en acudir ó Parlamento deben comunicarllo directamente ó Grupo Parlamentario Socialista. Ademais, as persoas que queiran asistir a esta cita poderán ir en autobús, posto que Rafael Pérez, alcalde da Mezquita e empresario do sector do transporte de viaxeiros, ofrece os seus autobuses de forma gratuíta para viaxar a Santiago de Compostela e protestar contra o peche do paritorio do Hospital de Verín.

Cabe destacar tamén, que En Marea levará á Valedoría do Pobo o seu rexeitamento á decisión do Sergas do peche da unidade de partos do Hospital de Verín. Así o comunicou a deputada Paula Verao esta mañá, a que declarou que "con esta decisión da Xunta de pechar o paritorio de Verín, perxudícase a toda a cidadanía dunha comarca, que pasa a ter menos dereitos que o resto da poboación. Esta é a razón que nos leva a trasladalo á Valedoría do Pobo".

Dende En Marea, apoian o peche do persoal no centro e "damos toda a forza á cidadanía que se está manifestando por non retroceder 20 anos nas súas condicións sanitarias", amosou Paula Verao.

O PSdeG invita a militancia do partido a protestar no Parlamento galego este mércores