O público xeral tamén poderá desfrutar desta charla, que xa se atopa na canle oficial de youtube da Biblioteca

Primeira videoconferencia da Biblioteca do Concello de Verín co escritor Miguel Losada

Alumnos na videoconferencia ''Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe'' do escritor Miguel Losada. | FOTO: Concello de Verín.

Asistiron un total de 200 alumnos procedentes do CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR María Inmaculada

A Biblioteca do Concello de Verín presentou a primeira das súas sete videoconferencias temáticas: ''Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe'' do escritor Miguel Losada. A esta asistiron un total de 200 alumnos dos centros educativos do concello.

Os escolares procedían do CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR María Inmaculada. Sen embargo, o público xeral tamén poderá desfrutar desta charla, que xa se atopa na canle oficial de youtube da Biblioteca e que nós aquí reproducimos. 

Videoconferencia ''Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe'' do escritor Miguel Losada. | FOTO: Concello de Verín.

Próximas conferencias:

  • 3 Marzo: Toti Martínez de Lezea (escritora): "O outro Camiño de Santiago". Análise de como era realmente o Camiño de Santiago dende antigo, antes da súa maior difusión pola relixión cristiá.
  • 7 Abril: o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e a profesora da USC, biógrafa de Xela Arias e crítica literaria, Montse Pena Presas con ''Letras Galegas 2021: Xela Arias''.
  • 30 Abril: o escritor Francisco Narla con ''Escribir o pasado'' e a presentación da súa última novela: ''Fierro''.
  • 7 Maio: o escritor e xornalista Domingo Villar con ''De ollos de auga ata o último barco: a serie de Leo Caldas''.
  • 21 Maio: a escritora e avogada, Ledicia Costas coa presentación do libro ''Infamia''.
  • 3 Xuño:  a escritora Eva Mejuto coa presentación do libro ''Memorias do silencio''.