xoves 02.07.2020
Os catro partidos da oposición procuraban que cada deputado ou deputada puidese votar en conciencia

O PP de Ourense en evidencia no Parlamento: os deputados ourensáns votan en contra de reabrir o paridoiro e as urxencias pediátricas a pesar de que a votación era secreta

Unha nova oportunidade perdida para recuperar o paridoiro que visibiliza de novo as contradiccións do Partido Popular que supostamente preside Manuel Baltar en Ourense. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez e outros destacados deputados e membros do Partido Popular de Ourense.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez e outros destacados deputados e membros do Partido Popular de Ourense.

Os deputados e deputadas do Partido Popular de Ourense veñen de votar este mediodía, no Parlamento de Galicia, en contra do restablecemento do servizo de urxencias pediátricas e o paridoiro de Verín. O BNG viña de presentar unha Proposición Non de Lei pedindo a reapertura dos servizos clausurados no Hospital de Verín. Os outros tres partidos da oposición –PSdeG, En Marea e o Grupo Común da Esquerda– apoiaron a iniciativa e solicitaron, conxuntamente, que a votación puidese ser secreta –non nominal– para que cada deputado ou deputada puidese votar en conciencia. O obxectivo perseguido por Caballero, Villares, Pontón e Sánchez era que os membros do Partido Popular de Ourense puidesen votar a favor, rompendo a disciplina de partido imposta por Feijóo e en connivencia co posicionamento manifestado nos últimos días polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e boa parte dos alcaldes e alcaldesas populares da provincia.

33 votos a favor e 36 en contra mostraban que ningún dos populares votara a favor da PNL presentada pola oposición, distanciándose así do posicionamento público manifestado polo PP de Ourense nas últimas semanas.

O resultado da votación evidenciou que o presidente da Xunta ten ben atados aos seus deputados e deputadas. 33 votos a favor e 36 en contra mostraban que ningún dos populares votara a favor da PNL presentada pola oposición, distanciándose así do posicionamento público manifestado polo PP de Ourense nas últimas semanas. Unha nova oportunidade perdida para recuperar o paridoiro que visibiliza de novo as contradiccións do Partido Popular que supostamente preside Manuel Baltar en Ourense. 

O PP de Ourense en evidencia no Parlamento: os deputados ourensáns votan en contra de...
comentarios