O chofer da furgoneta perdeu o control da mesma á altura do número 128 da avenida de Portugal, en Verín

Un posible despiste do conductor dun furgón remata nunha colisión con dous vehículos e medio muro no chan

O furgón que orixinou o sinistro acabou derrubando parte do peche dunha finca.

Segundo sinistro en poucos días dunha furgoneta que acaba impactando con coches estacionados. No deste mediodía, o despiste do conductor, segundo barallan as forzas de seguridade como posible causa, fixo que este perdera o control do vehículo e que acabase por colidir con dous automóbiles aparcados para acabar freando a súa marcha logo de derrubar o peche perimetral dunha finca.

Novo susto en poucos días e sen ter que lamentar máis que os danos materiais dos vehículos implicados. Este mediodía, ás 13:30 horas é á altura do número 128 da avenida de Portugal, en Verín, o conductor dun furgón de caixa pechada perdía o control cando se dirixía de Verín á autovía A-52 e impactaba contra dous automóbiles estacionados no seu mesmo sentido da marcha para acabar freando a súa traxectoria contra o peche perimetral de bloque dunha finca. 

O sinistro ocorreu á altura do número 128 de avenida de Portugal, en Verín.

A furgoneta, pertencente a unha bodega local, acabou por derruír parte do muro contra o que impactou sen chegar a que o seu chofer sufrise lesións de consideración.
Ata o lugar se desprazaron dúas unidades do parque de Bombeiros de Verín así como unha patrulla da Policía Local da vila e unha dotación de efectivos sanitarios que non tiveron que prestar asistencia algunha. 

Un dos vehículos rematou na mediana da vía logo do impacto.